Romero, Medos

Biografía

Medos Romero (As Pontes, 1959) é poeta e narradora. Reside en Valdoviño e está diplomada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como enfermeira no Centro de Saúde das Pontes, profesión que compaxina cunha intensa traxectoria literaria.

Recibiu o Premio de Poesía Miguel González Garcés en 2006 e o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2019.

É autora dunha ampla obra poética, entre a que destacan: Rendéome no tempo (1998), Ámome en por min (1999), O peso da derrota (2000), Lenzo das madrugadas (2003), A seitura dos tristes (2006), O pozo da ferida (2006), Do corpo e a súa ausencia (2010), A ansia do lóstrego (2012), A náusea como un puñal (formato dixital, 2019) e Peixes que esvaraban ao unísono (2020).

No ámbito da narrativa publicou Dubido se matei a Lena (2000) e O trevo da sorte (2003).

Tamén participa en múltiples obras colectivas, como Narradoras (2000), Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003), Antoloxía de mulleres poetas do século XX (2004), Dez anos de poesía nas Pontes (2013), Versos cianuro (2013), 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015), Donas vintecatro (2017) e La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea (2018).

Libros editados

12,48  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.