Modesto Fraga

Biografía

Moesto Fraga (Fisterra, 1974) é poeta, narrador e ensaísta, vinculado á Costa da Morte tanto pola súa obra como pola súa traxectoria cultural. Foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial de Letras de Cal. Actualmente dirixe a Biblioteca da Fisterranía e pertence ao Centro PEN de Galicia e á AELG. No ámbito poético foi recoñecido con numerosos galardóns, entre eles os premios Avelina Valladares, Francisco Añón, Rosalía de Castro, Francisco Fernández del Riego e o XIX Premio de Poesía Concello de Carral.

Ademais de cultivar a poesía, é autor da guía literaria Fisterra, a derradeira perla de occidente (2014) e de varias biografías de escritores galegos. Como ensaísta publicou volumes dedicados a Francisco Esmorís Recamán, Ramón Marcote, Don Emérito e Matías M. Escariz Méndez. A súa obra compleméntase con múltiples colaboracións en antoloxías e proxectos colectivos, entre os que destacan 25 anos de poesía galega, Negra sombra ou Feros Corvos, consolidando así a súa presenza na literatura galega contemporánea.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.