Naila González Rodríguez naceu no 2003 en Céltigos, unha pequena aldea no val de Sarria, nunha casa á beira do río. Xa dende pequena, pasaba o tempo maquinando contos sobre fadas. Comezou a escribir poesía aos dezasete, despois de descubrir os versos de Xela Arias.
É graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Colaborou en revistas coma a ourensá Nós, a xente do redor ou o fanzine sarriao Macheta. No ano 2024 publicou o seu primeiro poemario, (De)catarse (Caldeirón), volume gañador do XXVII Premio Francisco Añón de poesía. A anarquía das pálpebras é o seu segundo poemario édito, galardoado en 2024 no I certame de poesía Acouga-Casa dos Poetas.