Pablo Fernández Ans (A Coruña) é autor dunha investigación xenealóxica titulada Os Ans de Ans de Tellado. Xenealoxía dun apelido (2018). No eido da narrativa, estreouse coa novela Eles e os Outros (2021), escrita a raíz do confinamento pola pandemia da COVID-19, na que relata a historia de dous descoñecidos forzados a convivir durante as restricións sanitarias.