Pablo González Mariñas naceu na Coruña en 1944. Xurista, político e escritor, é Administrador Superior do Estado e Doutor en Dereito. Exerceu como profesor en diversas universidades españolas e estranxeiras, ademais de destacar como ensaísta e articulista en medios de comunicación escritos e radiofónicos.
Foi deputado e Conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sendo tamén o creador e impulsor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). É membro do Consello da Cultura Galega e do Instituto José Cornide.
Ao longo da súa traxectoria recibiu importantes distincións, como a Orde de Afonso X o Sabio, a Insignia de Ouro da Facultade de Dereito da USC, o Premio Colmeiro e a Medalla do Parlamento de Galicia. É autor dunha ducia de obras centradas no ámbito xurídico-administrativo.
Guiado pola súa vocación literaria, en 2013 publicou a novela La guerra lánguida de Álvaro de Castro e, na actualidade, achéganos unha nova mostra da súa fonda sensibilidade reflexiva e poética.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados