Paula Castro López, nada no outono de 1986 no fermoso pobo de Salcedo. Medrou entre a natureza e a sabedoría dunha comunidade envellecida que deixou unha profunda pegada na súa vida. Foi alí onde dende ben pequena, descubriu o seu amor polo teatro, unha paixón que máis tarde serviría como terapia nos momentos máis escuros do seu vivir. Tras licenciarse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, continuou a súa traxectoria académica graduándose en Nutrición e Dietética Humana pola Universidade Alfonso X “O Sabio”. Actualmente compaxina o seu traballo e o rol de nai solteira dunha crianza coa que comparte o amor á súa terra e lingua.