García Rego, Pilar

Biografía

Pilar G. Rego (Teo, 1966) é xornalista e comunicadora na Televisión de Galicia, onde desenvolveu a súa carreira en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar ou Zigzag Diario.

No ámbito da ficción, é autora do guión da longametraxe A casa do barqueiro e colaborou como guionista e/ou editora en series de televisión tan destacadas como Rías Baixas, Libro de Familia ou O Faro.

Como poeta, publicou o seu primeiro poemario, Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (Xerais, 2019), ao que seguiron outras contribucións como a súa participación no Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (Asoc. Cultural Caldaloba e Alvarellos Editora, 2021). Ese mesmo ano viu a luz o seu segundo libro de poemas, Humanario (Ed. Galaxia).

Libros editados

11,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.