Serafín Parcero Pérez naceu en Moaña no ano 1955. Desde moi novo participou activamente na vida social, cultural e deportiva da súa vila. A súa paixón pola creación artística, especialmente polo debuxo e a escrita, acompañouno dende a xuventude.
Formouse como profesor de EXB e exerceu a docencia en diversos centros educativos da provincia de Pontevedra. A súa profesión influíu decisivamente na súa orientación literaria cara ao conto infantil e o teatro para nenos. Adaptou e dirixiu varias obras teatrais, ademais de crear e representar pezas propias.
Obtivo diversos premios en certames de microrrelatos e narrativa breve, destacando o Certame de Relatos de Muller “Matilde Bares”, que gañou coa obra Ollos de cinsa, publicada pola Concellería de Igualdade do Concello de Bueu (actualmente esgotada).
É autor das novelas Viúvas de vivos e de mortos (Edicións Do Peirao) e As Illas dos Deuses (Edicións Xerais de Galicia), así como do caderno de teatro infantil A mentireira historia da Carapucha verdadeira (Edicións Fervenza).
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados