Fernández Abel, Severino

Biografía

Severino Fernández Abel (Arzúa, 1957) é licenciado en Xeografía pola Facultade de Xeografía e Historia da USC, título que acadou en 1982 tras compaxinar estudos e traballo. Aínda que nado en Arzúa, medrou no concello de Boqueixón, lugar ao que segue moi vencellado.

Exerceu como profesor de Xeografía e Historia en diversos centros privados e institutos galegos, onde tamén ocupou cargos de dirección. Participou en numerosos coloquios e congresos da súa área, sempre con especial interese pola Comunicación. Desde 1994 integrou un colectivo de profesores que, en 1999, publicou o Proxecto Curricular e Unidades Didácticas de CC.SS., Xeografía e Historia para ESO.

Forte impulsor da memoria e da identidade local, desenvolveu unha ampla labor de recollida de datos xeográficos e históricos arredor de Boqueixón, que cristalizou na publicación de varios traballos. Destacan O sistema foral en Galicia. Documentos e textos (2006), baseado na práctica docente, e Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón). Historia dun escarnio durante a Primeira Guerra Carlista (2018), unha investigación a partir dun conto popular da zona.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.