Simón Rodríguez naceu en Caracas en 1995. É licenciado en Filoloxía pola Universidade Católica Andrés Bello de Venezuela. No ano 2019 emigrou a Lugo grazas a unha bolsa destinada a descendentes de emigrantes galegos, e alí cursou o Máster en Servizos Culturais na Universidade de Santiago de Compostela.
Interesado na divulgación cultural, combina as súas raíces compartindo contidos sobre a cultura galega e venezolana a través da súa conta de Instagram @galegodecaracas. No eido literario, foi gañador da Primeira Tempada do certame Bóveda Slam Poetry, consolidándose como unha voz nova e vibrante na escena poética galega.