Teresa Ríos naceu en Dumbría no ano 1965. Poeta marcada desde a infancia polo arrecendo dos libros, define a palabra como unha entidade con alma e cunha paciencia infinita, capaz de ofrecer múltiples posibilidades de expresión.
A súa primeira obra, Non estamos preparados para medrar (Urutau, 2021), é unha viaxe onírica e sensorial que abre camiños interiores. Nesta nova entrega, a autora afonda no que a pupila reflicte, ofrecendo unha mirada poética que explora a realidade desde a emoción e a observación.