Rodríguez, Valentina Marta

Biografía

Valentina Marta Rodríguez (Montevideo, 1985) é tradutora, intérprete xurada e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, onde tamén exerce como profesora asociada. Compaxina a docencia coa investigación e co exercicio profesional como tradutora autónoma, especializada no ámbito da medicina. É autora de numerosos artigos e relatorios sobre tradución médica, consolidándose como unha referencia neste eido.

A súa traxectoria académica e profesional foi recoñecida en xullo de 2024 coa condecoración de excelencia da comunidade Alumni-UVigo no ámbito das Humanidades. Xa desde moi nova destacou no ámbito literario: en 2002 obtivo o terceiro premio de relato curto no certame Entre nós, en galego, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, así como o segundo premio de relato no I Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña. En 2003 foi galardoada co primeiro premio de poesía na segunda edición deste último certame, no que máis adiante tamén participou como membro do xurado en varias ocasións.

Libros editados

14,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.