Xoán Andrade (Betanzos, 1959) cultiva dúas paixóns: o ensino e a expresión gráfica. Confluencia das dúas foi o seu traballo como ilustrador do método de lectoescritura en galego “CHIRLO MERLO” (Ir Indo Edicións, 1991), do libro “GARABULLIÑO E A ESCOLA ELÁSTICA” con prólogo de Francesco Tonucci (Nova Escola Galega, 1992) ou dos materiais “PROPOSTA PARA UNHA INTERVENCIÓN INTEGRAL A PROPÓSITO DA PREVENCIÓN DA INFECCIÓN POLO VIH-SIDA”, “DE NAIS E PAIS A FILLAS E FILLOS ANTE A INFECCIÓN POLO VIH-SIDA” (Xunta de Galicia, 1999), e “COEDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL E SEXUAL” (Xunta de Galicia, 2008).
Á parte de numerosos traballos de ilustración e deseño, publicou colaboracións de humor GRÁFICO e caricatura en medios moi diversos.