Neira, Xoán

Biografía

Xoán Neira (Meilán, Lugo, 1953) é mestre xubilado e reside en Viveiro desde 1982. Membro fundador do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participa activamente nas súas actividades culturais.

Ao longo da súa traxectoria publicou poemas en numerosas revistas como Guieiros, Lúa Nova, Saudade, A Xanela, A Casa da Gramática ou Xistral, ademais de colaborar en libros colectivos. Foi recoñecido con diversos premios literarios en certames de poesía como Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona, así como en certames xornalísticos como o Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.

É autor dos libros de poemas Memoria e soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes, este último en colaboración co artista plástico Otero Regal. No ámbito da poesía infantil, é coautor de Recreos (1997), poemario musicado, e tamén de Xiz de cor (2004), Farrapos de nube (2007), No cubil da lúa (2009), Un niño no xardín (2012), Chafarís (2017), Gaiola aberta (2018) e Calendario poético (2022).

Libros editados

21,90  IVE Incluído

17,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.