Xosé Fernández é un defensor activo da galeguidade e da identidade cultural, implicado en ámbitos culturais, sociais e políticos, mesmo como concelleiro. Logo dunha etapa dedicada plenamente á súa profesión de restaurador e á súa empresa na comarca de Ferrolterra, decide retomar o compromiso coa cultura e dar o paso á creación persoal, coa intención de manter vivo o espírito e a memoria colectiva galega. Este é o seu primeiro chanzo nese camiño.