Yaşar Kemal

Yaşar Kemal cuxo nome real é Kemal Sadık Gökçeli naceu no ano 1926 en Hemite, unha aldea da provincia de Kadirli, distrito de Osmani. A súa familia chegara a este lugar dende Ernis (hoxe Günseli), aldea situada cerca do lago Van, despois dun largo período de inmigración forzosa, debida á ocupación rusa durante a Primeira Guerra Mundial. Naceu no  ano 1923, segundo algúns biógrafos.

 

Cando acabou o Ensino Secundario, realizou traballos tan diversos como administrativo, xefe de departamento, mestre, bibliotecario, tractorista e capataz de arrozais. A principios dos anos 40 empezou a relacionarse con escritores e artistas de esquerdas como Pertev Naili Boratav, Abidin Dino e Arif Dino. Aos 17 anos detivérono por motivos políticos, por primeira vez.

 

En 1943 publicou o primeiro libro “Elexías”, unha compilación de folclore. Despois de facer o servicio militar traballou de capataz  en Havagaz, (compañía francesa de gas) en Istambul. No ano 1948 volveu a Kadirli, repetiu como capataz nos campos de arroz por un  corto período de tempo e pasou a facer traballo administrativo pouco despois. No ano 1950 detivérono por facer propaganda comunista e estivo preso no cárcere de Kozan. Cando o soltaron, en 1951, volveu a Istambul, desta vez empregouse no periódico Cumhuriyet no que escribiu artigos e fixo reportaxes entre os anos 1951 e 1963. Neste período, publicou o primeiro libro de relatos Sari Sicak en 1952 e a novela Ince Mehmed (no ano 1955), traducida a máis de corenta idiomas até o día de hoxe. En 1962 era membro do Consello Xeneral do Partido dos Traballadores de Turquía e funcionario do Comité Central. Estivo procesado en numerosas ocasións tanto polos seus escritos como polas súas actividades políticas. Foi un dos fundadores da revista política semanal Ant, en 1967.

Participou, así mesmo,en 1973, na fundación do Sindicato de Escritores de Turquía do que foi o primeiro Presidente durante os anos 1974-1975. En 1988 foi o primeiro Presidente da recente fundada Asociación Internacional  de Escritores, PEN. No ano 1955, acusárono e xulgárono no Tribunal de Seguridade do Estado, de Istambul,  por un artigo publicado en Der Spiegel. No mesmo ano foi condenado pola publicación do  artigo Index on Censorship, aínda que finalmente a sentencia foi suspendida.

 

Yaşar Kemal é un dos primeiros nomes,  non soamente da novela turca senón tamén  da literatura universal, pola súa asombrosa imaxinación, a súa percepción das profundidades da alma humana e a súa forma de expresión poética. A súa obra está traducida a máis de corenta idiomas. Entre os premios que lle concederon no estranxeiro, ademais dos numerosos que recibiu en Turquía, atopamos: o Cino del Duca, a Condecoración da Lexión de Honor co rango de Comandante, a condecoración de Comandante das Letras e das Artes do Ministerio de Cultura Francés e o Premio Internacional de Cataluña. O Premio da Paz da Feira do Libro de Frankfurt, concedido pola Asociación de Libreiros, é un dos vinte galardóns que recibiu. Outorgáronlle, así mesmo,  seis títulos de doutoramento, dous en Turquía e catro no estranxeiro.

 

 

 

 

Libros editados

14,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.