CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

A web meduliaeditorial.es (en diante, a Web) é un sitio web propiedade de MEDULIA EDITORIAL S.L., en diante O PROPIETARIO, con CIF/NIF nº: B70435300 e domicilio social en: Rúa Menéndez Pidal 4 Baixo, 15007 A Coruña.

O acceso, reprodución e uso dos servizos da Web require a aceptación previa das Condicións de Uso vixentes en cada momento; O PROPIETARIO resérvase o dereito de modificar as devanditas Condicións cando o considere oportuno, mediante a publicación do novo texto na Web. É responsabilidade do usuario coñecer as Condicións de Uso antes de acceder aos produtos e servizos da Web; en caso de non estar conforme coas mesmas, rogámoslle, abstéñase de utilizala.

PROPIEDADE

A Web é unha obra composta de diversos elementos integrados e inseparables (texto, ilustracións, fotografías, imaxes animadas, vídeos, programas de computador, incluídos os códigos html do sitio web etc., cuxa Propiedade Intelectual lle corresponde ao PROPIETARIO, salvo no referente a aqueles materiais obtidos baixo licenza de terceiros.

O PROPIETARIO e os seus licenciantes reteñen en todo momento a Propiedade Intelectual sobre a Web e sobre os distintos elementos que a compoñen, individualmente considerados, en todas as copias que se realicen (calquera que sexa o soporte ao que se incorporen), concedendo sobre os mesmos unicamente os dereitos de uso que máis adiante se describen. Calquera dereito que non sexa expresamente cedido enténdese reservado.

Ademais do anterior, O PROPIETARIO é responsable da selección, deseño da estrutura e disposición dos contidos da Web, así como quen tomou a iniciativa e asumido o risco de efectuar os investimentos substanciais orientados á obtención, dixitalización e presentación da mesma, correspondéndolle, por tanto, a protección que o artigo 12 e o Título VIII do Libro II da Lei de Propiedade Intelectual poida conceder sobre o sitio web, considerado como unha base de datos.

O PROPIETARIO é tamén o único dono do deseño e imaxe gráfica da Web, reservándose as accións legais pertinentes que lle puidesen corresponder contra as persoas que realicen imitacións ou usos desleais do mesmo.

CONTIDOS WEB E DESCARGAS. USOS PERMITIDOS E PROHIBIDOS.
Está permitida:
  • A navegación pola Web, é dicir, o acceso e visualización da mesma nun dispositivo, quedando autorizada calquera reprodución temporal ou accesoria, sempre que a mesma non sexa voluntaria e forme parte integrante e esencial do proceso tecnolóxico de transmisión. A navegación por determinadas seccións da Web requiren o previo rexistro.

  • Beneficiarse (previo rexistro), dos servizos e vantaxes prestados polo PROPIETARIO a través da Web aos seus usuarios, nas condicións que se sinalen expresamente nas distintas seccións.

Queda terminantemente prohibido:
  • Calquera operación respecto da Web, os seus contidos, os produtos descargados e as copias de todos eles que sexan contrarias á Lei, os bos costumes e a boa fe.

  • Calquera utilización, tanto sexa do ámbito persoal e privado, como en especial aquelas que teñan fins comerciais ou profesionais, incluído o envío de publicidade ou mensaxes e a recompilación e tratamento de datos de terceiros.

  • Calquera tipo de extracción, comunicación pública e/ou transmisión, total ou parcial, por calquera medio, fóra do ámbito privado de uso permitido e, especialmente, a súa incorporación a calquera outra obra, incluídas páxinas web, coleccións ou bases de datos. Exceptúase desta prohibición a publicación en medios de comunicación dos materiais susceptibles de descarga da sección “Prensa”.

  • A remoción, ocultación ou falseamento dos avisos e advertencias sobre a Propiedade Intelectual ou Industrial da Web ou de calquera dos produtos facilitados a través da mesma.

  • As operacións e actividades expresamente prohibidas en calquera outras seccións destas Condicións Xerais e, en xeral, calquera que poida prexudicar o normal funcionamento da Web, a outros usuarios ou a calquera terceiro.

LINKS Á WEB
  • Queda autorizado o establecemento de vínculos e hipervínculos coa Web desde outras páxinas ou sitios web, sempre que os mesmos non se fagan de forma que prexudique a imaxe pública e de marca do PROPIETARIO, da Web ou de calquera das persoas e produtos a que se faga referencia na mesma. No establecemento de vínculos coa Web queda expresamente prohibida a utilización de técnicas que impliquen confusión sobre a identidade e propiedade dos contidos, tales como o framing ou outras.

  • Queda prohibido o establecemento de vínculos desde páxinas ou sitios web cuxos contidos promocionen ou fagan apoloxía, directa ou indirectamente, de calquera tipo de violencia, discriminación, pornografía ou actividade ilegal. Así mesmo, queda expresamente prohibido o establecemento de links con fins mercantís.

Na creación dos vínculos queda expresamente prohibida a utilización de elementos extraídos da Web, sen o consentimento previo e expreso do PROPIETARIO.

En ningún caso poderá entenderse que os vínculos á Web desde páxinas ou sitios web de terceiros implican relacións do PROPIETARIO cos titulares destes, nin implica respaldo, patrocinio ou recomendación algunha do PROPIETARIO sobre os mesmos, polo que O PROPIETARIO non será responsable en absoluto respecto do seu contido e licitud.

CONTIDOS E COMPORTAMENTO DO USUARIO

Como cliente ou usuario da Web, Vde. comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos ofrecidos a través da mesma e a non empregalos para:

  1. Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.

  2. Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, que faga apoloxía do terrorismo ou que atente contra os dereitos humanos.

  3. Provocar danos nos sistemas físicos e lóxisticos do PROPIETARIO, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados.

  4. Difundir contidos que atenten contra a imaxe e reputación do PROPIETARIO ou de terceiros.

  5. Atentar contra os dereitos de Propiedade Intelectual, Industrial, de imaxe, honor ou outros que correspondan ao PROPIETARIO ou a terceiros.

O PROPIETARIO terá plena liberdade de decisión sobre se as colaboracións e mensaxes finalmente publicadas na Web ou non, quedando facultada para retiralas cando estime oportuno.

A infracción de calquera das normas contidas nestas Condicións de uso e moi especialmente, do previsto na presente cláusula, facultarán ao PROPIETARIO para dalo de baixa de forma inmediata como usuario ou subscritor da Web.

FORMAS DE PAGO

As formas de pago admitidas na tenda en liña son:

  • Transferencia bancaria

  • Bizum

  • Tarxeta de crédito e débito

MÉTODOS DE ENVÍO

Os métodos de envío dispoñibles na tenda en liña son:

  • Correos.

  • Mensaxería.

PRAZOS DE ENTREGA

O prazo de entrega para os envíos realizados na tenda en liña son:

  • Correos: mesmo prazo que unha carta ordinaria.

  • Mensaxería: de 2 a 3 días.

DEREITO DE DESISTENCIA

O cliente dispón da facultade de desistir voluntariamente da súa compra, sen penalización algunha e sen indicación dos motivos. No caso de que o consumidor e usuario queira desistir da compra do produto ou contratación do servizo, poderá utilizar o formulario de desistencia (o formulario poderao atopar na páxina seguinte) para comunicar a súa decisión ao vendedor ou prestador do servizo.

Deberase devolver a compra con todos os seus produtos. En todo caso, por motivos de hixiene os produtos para devolver deberán estar en perfectas condicións, sen usar, na súa embalaxe e precinto orixinal e con todos os seus accesorios.

O cliente deberá asumir os custos do envío por devolución. Non se aceptarán en ningún caso envíos a portes debidos.

O cliente será responsable de que, tanto o produto como a súa embalaxe, chegue en perfecto estado, sendo necesario empaquetar os artigos de forma adecuada, a fin de evitar unha posible deterioración durante o transporte.

Unha vez recibido o paquete de devolución, verificaremos o seu estado e no momento en que comprobemos que tanto os artigos devoltos, como os posibles accesorios, mostras, obsequios promocionais e documentación, estean completos e en perfectas condicións, enviarémoslle ao cliente un correo electrónico para notificarlle da aprobación ou rexeitamento do seu reembolso.

O reembolso de todos os pagos recibidos pola compra, incluídos os gastos de entrega realizarase dentro dos 2 días seguintes, desde a devolución do pedimento en perfectas condicións.

O reembolso será procesado a través do mesmo medio de pago empregado polo cliente para a transacción inicial.

Reservámonos o dereito para reter o reembolso ata recibir os produtos ou ata que o cliente presentase unha proba da devolución dos mesmos.

Non realizaremos o reembolso se o produto foi utilizado ou está deteriorado.

GARANTÍA LEGAL

No caso de que o cliente reciba un produto equivocado ou en mal estado, ou en caso de perda ou danos de produtos por parte da empresa de transporte, o cliente poderá solicitar a súa devolución e/ou reposición, dentro dos posteriores días á entrega do mesmo. En tal caso, comprometémonos a asumir os custos de envío da devolución, encargarémonos de recoller o produto defectuoso e/ou restituír o produto faltante por outro produto idéntico sen custo adicional para o cliente.

FORMULARIO DE DESISTENCIA

(Só deberá cumprimentar e enviar o presente formulario se desexa desistir do contrato ou servizo contratado).

  • Á atención de MEDULIA EDITORIAL, ao seguinte correo electrónico: [email protected].

  • Por medio de comunícolle/comunicamos(*) que desisto do meu/desistimos do noso(*) contrato de venda do seguinte ben/prestación do seguinte servizo(*).

  • Pedido solicitado o día(*).

  • Nome e domicilio do consumidor e usuario ou dos consumidores e usuarios.

  • Data e firma do consumidor e usuario ou dos consumidores e usuarios.

POLÍTICA DE CAMBIOS

Para solicitar un cambio de produto, o cliente debe contactar con atención ao cliente dentro dos dous días posteriores á recepción do pedido.

Para xestionar calquera tipo de devolución ou cambio de produtos comprados en meduliaeditorial.es o cliente debe poñerse en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente.

O cliente deberá indicarnos o número de pedido e dirémoslle exactamente todos os pasos a seguir. Informámoslle tamén de que non aceptaremos cambios ou devolucións que non fosen previamente comunicados polas vías indicadas.

CANCELACIÓNS

O cliente ou usuario poderá cancelar o seu pedido, a condición de que este non saíse dos nosos almacéns. En tal caso, deberá poñerse en contacto co PROPIETARIO a través do correo electrónico ou das canles de Atención ao Cliente, comunicando os seus datos identificativos e número de referencia do pedido.

En caso de cancelacións procederase á devolución dos importes abonados previamente polo usuario ou cliente, a través do mesmo medio empregado para a transacción inicial.

SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE

O cliente poderá cancelar o pedido sen ningún cargo, debendo contactar canto antes con atención ao cliente no teléfono: +34 881 300 782, ou a través da seguinte dirección de correo electrónico: [email protected], cuxo horario de atención ao público é de: Luns a Venres de 9:00 a 18:00.

Se o pedido non saíu dos nosos almacéns, cancelarémolo sen problema, pero se o pedido xa está de camiño, teremos que esperar a recibilo de volta e unha vez confirmada a recepción do mesmo, devolverase o importe do produto menos os gastos de envío e a devolución será levada na mesma forma de pago utilizada na compra.

PROTECCIÓN DE DATOS

A información ou datos persoais que nos facilite serán tratados conforme o establecido na Política de Privacidade. Ao facer uso desta páxina web conséntese o tratamento da devandita información e datos e declárase que toda a información ou datos que nos facilite son veraces e correspóndense coa realidade.

MODIFICACIÓNS

O PROPIETARIO resérvase o dereito de efectuar, sen aviso previo, as modificacións que considere oportunas na Web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma, como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados.

ACCIÓNS LEGAIS

O PROPIETARIO perseguirá o incumprimento destas Condicións de Uso, así como calquera utilización indebida da Web ou dos seus contidos, as infraccións dos dereitos que lle correspondan a ela ou aos seus licenciantes, especialmente os de Propiedade Intelectual e Industrial, exercitando todas as accións, civís e penais, que lle poidan corresponder en Dereito.

RESOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS

Asimesmo, nos termos que se recollen no artigo 14 do Regulamento UE 524/2013, sobre resolución de litixios en materia de consumo, proporciónase unha ligazón directa á plataforma de resolución de litixios en liña: https://ec.europa.eu/consumers/odr/main/index.cfm

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Para calquera controversia ou conflito que puidese xurdir, derivado destes termos ou condicións, resultará de aplicación a Lei Española. A resolución dos conflitos xudiciais someterase á competencia dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario ou cliente.

REV: 20.3009
Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.