17,90 € IVE Incluído
| ISBN | 978-84-10324-15-2 |
| Medidas | 10 x 14 x 21 cm |
| Peso | 0.1 Kg |
| Formato | Rústica |
| Nº Páxinas | 120 |
| Colección | Narrativa |
| Número | 47 |
| Idioma | Galego |
| Data Edición | 06/06/2024 |
[…] Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer gozoso.
[…] Texto dobremente lugués, cun Lugo protagonista máis do que paisaxe, que acolle o pasado glorioso de muralla e cantigas medievais, e a contemporaneidade académica, xornalística e política. Lugués tamén pola converxencia coa escrita do grande Ánxel Fole non no neorruralismo, senon no vigoroso estilo persuasivo e o afán común de resgatar un galego enxebre e literario ao tempo, aquí de rexistro culto, con achega da dimensión científica.
Xabier Paz
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados