Arturo é un hacker que atopa información moi comprometedora para algunhas das persoas máis poderosas e influentes do país. Estes achados entrañan un risco para a súa propia vida e provocan a súa entrada en prisión.
No cárcere coñece a uns compañeiros que lle axudan a comprender como é dirixida a sociedade e como actúa esta hexemonía que a goberna. Dende a monotonía da súa cela vai tecendo un plan para combater a este inimigo incorpóreo e liberarse da súa influencia.
A loucura é unha postura axustada polo poder, e o poder é unha loucura axustada. A Cesta de Mazás é unha viaxe polo desconcerto. Porque temer ao tolo son as cadeas que nos puxemos voluntariamente.