Os textos aquí reunidos, se cadra derivados da nostalxia insensata pola chuvia que ainda non choveu, actúan como guías sonoras nalgunha estrada secundaria que conduce a unha visión atípica, paradoxal e contradictoria do mundo. Ou non –xa se sabe que deus é bo, e que o demo ten contratos por obra-, recollendo unha ducia de anos e algúns centos de aforismos, epigramas, ditos dos vellos, haikus, metáforas núas, micropoemas, anaforismos ou insólitos etcéteras; acaso pasadoiros de verbas irtas para tentarmos atravesar enxoitos, quen dera, a enchenta cotiá de ludre.