A FORCADIÑA é unha novela que está ambientada en Ribeira, no corazón da Ría da Arousa.
As personaxes móvense entre a actualidade e os anos oitenta.
Unha cidade tranquila onde as vidas das súas xentes transcorren con normalidade arredor do mar que a acariña. Ata que un día acontece algo que deixa unha fonda pegada en toda a cidadanía.
A desaparición dunha veciña provoca unha conmoción xeral.