Onde agachármonos cando o espazo é reducido? Onde comeza e remata a nosa máscara social? A liña entre a vida e a morte pode ser difusa como a brétema? A existencia das clases altas é tan ociosa e doada como pensamos? No mundo das artes pesa máis o talento ou o carisma? Canto hai de mentira e finximento no que expresamos en voz alta? Como medimos a distancia entre a percepción que temos de nós mesmos e a imaxe que teñen os outros? É posible o perdón para os propios erros? Estas e outras preguntas procuran resposta nesta colección de relatos ecléctica e chea de ironía, que xoga a ser poética en ocasións, namentres viaxa no tempo e no espazo, sen esquecer a nosa época, oscilando entre o cotiá e o lendario.