A MULLER DE OLLOS MOUROS E INTENSOS

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-29-9
Medidas10 x 14 x 21 cm
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas196
ColecciónNarrativa
Número54
IdiomaGalego
Data Edición22/08/2024

Extracto

Pouco despois da traxedia do Prestige, Celia, após un estraño e traumático accidente, aconsellada pola súa terapeuta, decide cambiar de aires. Viaxa, daquela, á Vila do Ara Solis onde se instala na antiga vivenda dunha amiga.

Unha forza incomprensible fai que se sinta profundamente atraída polo retrato de mamá Adela quen custodia os vellos tesouros familiares entre os que se atopan unhas follas amarelentas que o tempo tornou fráxiles e crebadizas, pero que están cheas de vida, de vellas historias dunha época pasada.

Celia decide aceptar a proposta da súa amiga de organizar os retallos de vida de mamá Adela, unha muller cuxo destino se entretece dun xeito misterioso co seu propio.

A muller de ollos mouros e intensos non é soamente a historia de Adela. É a historia de varias mulleres que, a pesares de pertencer a mundos diferentes e a distintas épocas, loitan, na medida das súas posibilidades, por acadar o seu lugar no mundo cun idéntico obxectivo vital: a procura da felicidade. Se é que esta existe.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.