Álbum ilustrado que conta a historia dunha nena a quen, por primeira vez na súa vida, lle regalan unha boneca.
A vida na casa da aldea, o fume da cociña, os xogos ó aire libre, son elementos que están presentes neste conto que achega ás nenas e ós nenos ó valor das cousas inmateriais, por riba mesmo dos agasallos.