A NOVA PRESENZA DO B.N.G.

UNHA VISIÓN POLÍTICA E DÚAS ACHEGAS ESTRUTURAIS

14,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-123646-7-5
Medidas21 x 14 x 1 cm
Peso0.2 Kg
FormatoTapa branda
Detalle FormatoCosido
Nº Páxinas130
ColecciónEnsaio
Número10
IdiomaGalego
Data Edición01/07/2021

Extracto

O libro consta, grosso modo, dunha introdución na que o autor explica a necesidade de distanciarse do analizado e liberarse previamente de paixóns, buscando un procedemento aceptábel de facer Historia, moi difícil no pasado inmediato e máis se o que escrebe tivo presenza nos acontecementos. Explícase o xeito de facelo e trabállase con esa vontade.

O capítulo segundo está dedicado ás Mareas. O terceiro entra na hexemonía política e social do PP e na posición predominante do PSOE na esquerda, de momento e até agora durante todo o período democrático, haxa ou non adiantamento electoral nas autonómicas.

O cuarto analiza a temporada de dez anos de deserto do BNG, lonxe seguramente de xuízos previos, tendo en conta os valores dun colectivo que iso resiste. Na nova presenza entra Ana Pontón coa súa nova forma de facer, visto sempre desde a distancia analítica. O BNG e o poder fala de moitas cousas e describe entre outras a relación de atracción-repulsión que provocan no Bloque as institucións autonómicas, que quizais sexan, así se aprecia, sentidas como principal valor indentitario pola maior parte da poboación. Segue Cinzas e Chamas, con referencias e símbolos da organización, miradas excesivas cara o pasado, ausencias do conflito, apelando a evocacións a referentes pasadistas. Éntrase algo en certos erros e problemas, o AVE, o cupo galego, etc.

Despois no poder no BNG, e a continuación no poder da UPG, para a despois describir un xeito de revisar tal anacronismo vangardista, co exemplo tupamaro (José Mújica e outros) no Frente Amplio do Uruguai, de tantos éxitos e trunfos.

As outras cincuenta páxinas dedícanse a dúas achegas estruturais, feitas ao BNG, pero que son de marca branca, útiles, se conseguen selo, para a esquerda de calquera tendencia. Unha titúlase Laboratorios, Escolas e Tours. Fala da necesidade da formación dos militantes e cargos públicos; da trampa do ensino regrado como homologación suficiente; do engado que crean as xestións modélicas, neste caso Fene, Allariz e Pontevedra; da falsa crenza de que con acadar os gobernos se produce a maxia do bo goberno. Afóndase na necesidade de coñecer experiencias semellantes, noutras partes, especialmente de tres, impresionantes no mundo operario e artesán, que se describen: A Fratocchie, Les Compagnons du Tour de France e os Wandergesellen.

A outra achega titúlase Por uns sindicatos con labor asistencial. Sindicatos ou entidades creadas ex-novo para socorrer aos empurrados cara a marxinalidade e a miseria; como nunca desde hai moitos lustros. Non é admisíbel que a única asistencia proceda de entidades como Cáritas e que a esquerda estea só a intentar resolver dentro das institucións do Estado, imprescindíbel por outra banda, sobra dicilo. Descríbense exemplos do pasado, Casas do Pobo, o Socorro Vermello, e até a Sociedade de Instruçâo e Beneficéncia A Voz do Operário de Lisboa, fundada en 1883 e que cruza tres séculos deica a actualidade e aí está, axudando aos máis desfavorecidos. Reflexiónase tamén, sucintamente, sobre a caridade e a solidariedade. E tamén sobra as consecuencias humanas da terríbel crise actual.

 

 

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.