“A penumbra da pomba de Ánxeles Penas é unha desas obras cuxa lectura, lonxe dunha actitude acomodaticia, nos move a retomar o que adoito damos por sabido e, sobre todo, a cuestionármonos a propia existencia, asemade en relación co universo do que formamos parte. Unha posición ética e estética que ben pode interpretarse como resistencia fronte a “esa nova area xeral e virtual da sociedade mediática e de entretemento”, en palabras de Sloterdijk”. Eva Veiga