A POUSA DA LIBÉLULA

Kagueroo no yasuragui

14,90  IVE Incluído

Autor/es
Traducido por:
Takekazu Asaka
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-19438-99-7
Medidas21 x 14 x 10 cm
Peso0.1 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas68
ColecciónPoesía
Número107
IdiomaGalego / Xaponés
Data Edición19/03/2024

Extracto

A grandiosidade e fermosura da natureza, contemplada devagar a través das estacións anuais, constitúen o ámbito propicio para a reflexión, matizada pola gradación da luz co pasar das horas ou o luar, a impoñente presenza do mar -e, en menor medida, dos ríos- xunto cunha fauna e flora características (caramuxos, pegas, ameneiros, vide, azucenas, toxos, mirto etc.). Así, a libélula convértese nun símbolo tanto do mundo natural como da vida humana e os seus avatares; os temas prioritarios son o paraíso perdido da infancia, o medo, o soño, a soidade, o amor e a morte. Tamén se introducen testemuños dunha sociedade incapaz de remediar a mendicidade, a praga dos incendios ou a guerra. Os haikus d’A pousa da libélula, en fin, enfatizan o contraste entre a constante renovación fronte á brevidade da vida. Traducidos ao xaponés, compleméntanse cos gravados ukiyo-e, ponderando a beleza do efémero.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.