ISBN | 978-84-10324-71-8 |
Medidas | 21 x 14 x 1 cm |
Peso | 0.1 Kg |
Formato | Rústica |
Detalle Formato | Con lapelas |
Nº Páxinas | 72 |
Colección | Poesía |
Número | 139 |
Idioma | Galego |
Data Edición | 20/05/2025 |
Estamos ante un poemario no que a inextingíbel curiosidade do autor de A proporción dourada volve para ser compartida desde unha anovada arela polo sentido último das cousas. Arela que desta volta parte dunha confesa melancolía, trazada por fúlxidas lembranzas das súas vivencias no mundo rural, e como partícipe dunha colectividade, a cal devala en prol doutra cada vez máis urbana e cruelmente tecno-masificada.
Do desarraigo para con esa nova realidade social semella abrollar do autor unha intensa afectividade cara aos seus seres queridos. É dela que tamén se servirá para atopar a serenidade que os seus pensamentos non son quen de lle fornecer. Nomeadamente no antedito, eis a súa amada, que, por veces, nun xeito dacabalo entre o amor cortés e a mística, mesmo aparece identificada cun plano transcendente.
Non por iso o autor deixa de ser quen de nos amosar, audazmente, a fraxilidade na que o sitúa aquel desarraigo, e que dará en resolver tamén a través de certo autoexame moral.
Finalmente, recobrará o seu ímpeto vital, enxugándoo na forma de cántigas conxuradas coa forma de vida dunha galeguidade ancestral, sempre perenne, na propia memoria do autor.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados