ISBN | 978-84-19438-68-3 |
Medidas | 21 x 14 x 2 cm |
Peso | 0.2 Kg |
Formato | Rústica |
Detalle Formato | Con lapelas |
Nº Páxinas | 142 |
Colección | Narrativa |
Número | 33 |
Idioma | Galego |
Data Edición | 11/11/2023 |
Historias, faces e lances que conforman este compendio asimétrico na procura de ser apaxeo que adoce intres nos que proe pensar, cocernos no noso mollo ou ser acacia brava en eixo de carro cantareiro. Todo elo coma un torrente que quixera amosar –sen ánimo pretencioso– un abano que envorque resistencia, unha mica de paixón, entrega, toleira, mansedume, revolta e compromiso social, para emprezar. Logo, deixar xenar o zume. Abeirar o absurdo e os senrefixeiros, (seica o mundo é dos tolos) sendo leito de fantasía e ventoeira. Gañas de mergullarse na inventiva subvertendo o que damos por chamar realidade, descubrindo novos estadios ou recrear os mundos presentes coma se non fosen tales. Deixar espidos os berros, os silencios forzados que acucian e sobrancean no diario e que mesmo nos impoñen encomendas e compangos que ha cargar débedas que pouco ou nada teñen que ver coa creación literaria. O mundo é un entroido inzado de cordos e perchas con gravata que nos arrastran ó fondo do averno, á destrución coma especie racional con evoltura de boas maneiras. Por iso teimo en acadar que as verbas que broten estean preto do alecrín floreado, da resposta regueifada, do refuxio, do soño e da evasión.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados