AMIGA ZURA de Xulio Valcárcel, con ilustracións de Tania Arufe, rematouse de imprimir na primavera de 2022, coincidindo coa promulgación da Lei que recolle, protexe e ampara o sentimento dos animais non humanos. En cada capítulo cóntase a historia de Zura, unha cadeliña cuxas aventuras acompañan á familia, da que forma parte. Todo elo desde un punto de vista lúdico e cheo de momentos divertidos e tenros.