ANTOLOXÍA ESENCIAL

Versión Bilingüe

14,90  IVE Incluído

Autor/es
Traducido por:
Stella Maris González Balbuena
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-38-1
Medidas x 14 x 21 cm
Peso0.1 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas168
ColecciónTraducción
Número13
IdiomaGalego
OrixinalFrancés
Data Edición26/09/2024

Extracto

Nesta escolla poética, a través de oito poemarios de Jacques Prévert, atopamos o autor popular, tenro, rebelde, antimilitarista, o ecoloxista e animalista avant la lettre.

É popular pois ironiza coa xente da Belle Époque, eses señores do melloriño de París, e empatiza coas sardiñeiras, cos limpabotas, co obreiro que tantas xornadas lle deu ao patrón, no poema: O tempo perdido, que nos fai lembrar o Monólogo do vello traballador de C. E. Ferreiro.

A súa tenrura cos nenos, os castigados sen vacacións, os que fuxen do Reformatorio, os que estampanan o nariz contra as vidreiras e soñan… é inmensa e natural como natural é o poeta.

O amor teno situado en primeiro plano: O tenro e perigoso rosto do amor, As follas mortas, cantadas na súa época por Yves Montand, Mouloudji e Juliette Gréco.

 

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.