AS ALMAS DA FISTERRANÍA

19,90  IVE Incluído

Autor/es
Colección
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-84-8
Medidas23 x 15 x 2 cm
Peso0.2 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas248
ColecciónEnsaio
Número31
IdiomaGalego
Data Edición11/08/2025

Extracto

“Sempre se dixo que os poetas son os mellores custodios da memoria colectiva dos pobos. Desde a época antiga ata os nosos días a historiografía serviu para dar conta de acontecementos memorables compartidos polas xeracións do pasado, do presente e do futuro. É fundamental, xa que logo, evitar que as brumas da desmemoria escurezan para sempre o valioso legado cultural que herdamos e que nos cómpre protexer, coidar e pór en valor. Sabemos da existencia da mítica cidade asolagada de Dugium porque así nolo recorda o Codex Calixtinus, importante manuscrito iluminado do século XII considerado a primeira e máis importante guía do Camiño de Santiago; e sabemos que habitamos as terras do Nérion Akrotériom ou Promontorium Celticum grazas a que xeógrafos clásicos como Plinio, Strabon ou Ptolomeo así o recollen nas súas imperecedoiras crónicas. Velaí este ramillete de pequenas estampas cotiás polas que van asomando historias protagonizadas por homes e mulleres que habitaron e habitan este milenario confín atlántico. Eles e elas son as verdadeiras almas da fisterranía”. M. F. M.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.