14,90 € IVE Incluído
ISBN | 978-84-10324-42-8 |
Medidas | 10 x 14 x 21 cm |
Formato | Rústica |
Detalle Formato | Con lapelas |
Nº Páxinas | 112 |
Colección | Traducción |
Número | 14 |
Idioma | Galego |
Orixinal | Inglés |
Data Edición | 24/10/2024 |
Baixo o bosque de leite é a derradeira obra de Dylan Thomas, e se cadra a máis famosa. A descrición cunha linguaxe exuberante dunha vila costeira de gales, con momentos ás veces solemnes, outros de comedia aloucada e sempre cunha ollada amable sobre os habitantes, vivos e mortos, de Llareggub, contén elementos universais onde todos nos podemos recoñecer.
Baixo o bosque de leite é unha obra que xa viña anunciada ao longo da súa carreira literaria. A primeira referencia que temos a Llareggub atopámola no relato The Orchards, despois o relato de Quite early One Morning é o punto de partida do que chegará a ser Baixo o bosque de leite. En realidade, quen coñeza os poemas e a prosa de Thomas vai percibir trazas deles nesta peza porque toda a experiencia poética do autor está presente nesta obra.
Finalmente, aínda que é unha peza para voces, e a radio sexa o seu medio ideal, o seu éxito foi inmediato e foi adaptada rápidamente para o escenario, para o cine, onde hai moitas versións pero destaca quizais a de Andrew Sinclair, e mesmo para a ópera. Todas renden tributo ao xenio galés.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados