Extracto do prólogo de María Lado: “Cando a choiva xa non molla” quere denunciar a violencia machista e outras situación de abuso contra as mulleres por parte dos homes, e desa sociedade que llo permite, pero non só. Porque é tamén un libro de haikus. Non ao uso, claro, pois atopamos nel poemas que son haikus na forma, pero non exactamente no ambiente nin no contido. Malia iso, a forma do breve poema oriental permítelle ao autor escribir pequenos berros, consignas bañadas de dor que poden estar dirixidas ás mulleres par alentalas a camiñar fóra da escuridade do maltrato ou, noutras non moi numerosas ocasións, pretenden ser navalladas que fagan aos homes poñerse no lugar das mulleres.