“Cando era pequena, as borrascas non tiñan nome. Trebóns, vento e xeada no inverno; seca no verán. O tempo era un caracol á sombra dunha maceira. Nalgún momento da vida adulta mutou en falcón peregrino, en picado entre borrascas con nome propio”. A. B. R.