14,90 € IVE Incluído
ISBN | 978-84-19438-74-4 |
Medidas | 21 x 14 x 1 cm |
Peso | 0.1 Kg |
Formato | Rústica |
Detalle Formato | Con lapelas |
Nº Páxinas | 100 |
Colección | Narrativa |
Número | 35 |
Idioma | Galego |
Data Edición | 03/12/2023 |
“Aló polo ano 1903 nacía a Sociedade Hidroeléctrica del Pindo, S.A., xerme da futura Sociedad Española de Carburos Metálicos, S.A., que comezará a súa actividade industrial no 1906. Á primeira central hidroeléctrica, situada no Ézaro, aínda que chamada Hidroeléctrica del Pindo, seguiron outras, sendo a de Castrelo a que iniciou a serie das que virán despois. En 1947 comezaron as obras da central de Castrelo, rematándose en 1953. Para a súa construción escaváronse na rocha 9.000 m., dos cales 5.000 m. son de túneles e os 4.000 m. restantes son de canle a ceo aberto. Ámbolos dous extremos están unidos no Barranco de San Crimenzo por un acueduto, cunha altura de 30 m. sobre o nivel do río. Para a construción de ditos túneles, canais e acueduto chegáronse a empregar máis de 60.000 kgs de explosivos e moitas toneladas de ferros e cemento”. Salvador Mosteyrín Canosa
“Carburos é o meu dios é unha novela que se pode calificar de diversas maneiras: histórica –pois recrea e dá testemuño da época en que tiveron lugar en Castrelo as obras de construción do canal de auga para a central eléctrica no río Xallas, co fin de abastecer de enerxía a Carburos Metálicos– e de suspense. Está narrada desde unha linguaxe moitas veces poética na que conviven os rexistros coloquial e culto.
El sabía que as pedras do Pindo tiñan maxia e pedía nelas.
Escusas de lles pedires nada, dixéralle unha descrida de Quilmas que subira unha vez nos días da guerra a levar comida ao seu irmán. As pedras non oen. Tampouco son dadoras de soños nin posuidoras de maxia ningunha. Escusas de lles pedir desexos nin cantos nin contos nin lumes pois, aínda cargadas de anos, as pedras non saben nin din. Só serven, por cruel indiferenza, para lles contarmos os segredos, para lles falarmos das penas, para afogar aflicións, vellas ou novas, ou facer os pesares máis levadíos.
Resoaron as descridas palabras contra os penedos do Pindo, testemuñas deles porque oíron e porque saben. E din”. G.V.F.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados