Aquí está o mellor e o peor de min, pero cada palabra é motivo de celebración. Moitas veces tiven éxito e outras tantas fracasei, aquí están as miñas alegrías e as miñas tristezas, unha aproximación de como escribir comparte o meu tempo. Vinte anos facendo dos versos a miña vida, son os poemas e cancións que estiveron presentes. Carvalhoski é a historia dun soño e unha forma de vida, sempre nas aforas da poesía.