CHARAMELAS II

A ÉTICA DOS ALICATES

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-21-3
Medidas x 14 x 21 cm
Peso0.1 Kg
FormatoRústica
Nº Páxinas298
ColecciónNarrativa
Número50
IdiomaGalego
Data Edición08/07/2024

Extracto

“Gústame pensar que o relixioso inventa o mundo, o filósofo o interpreta e o físico o explica. Isto axúdame a desconfiar dos físicos crentes, os relixiosos que admiten a teoría da relatividade e os filósofos que teñen por certo existencias divinas a par có evolucionismo.

Pero non son estas concepcións tan restrinxidas e dispares como parece. Existe unha cuarta dimensión na que os mundos inventados, interpretados e reais non son irreconciliables. Esa dimensión chámase literatura. De momento os humanos non soubemos crear nada mellor para contrarresta-la estupidez da prensa rosa, a manipulación da prensa en xeral e a crispación fomentada por políticos mediocres para perpetuarse no poder. Ademais de amosarnos a falsidade destes mundos, a literatura apréndenos a soñar outros posibles. A isto chámaselle utopía, que é filla da rebeldía e nai da liberdade.

Lea. A estupidez e a manipulación espántanse lendo moito. Isto que ten vostede na man conta como libro. Comece por aquí, se lle parece. Ben supoñerá que nas súas páxinas non aprenderá a gañar fama nin diñeiro, pero se hai sorte, se xorde a maxia, ao voltea-la última folla talvez perciba vostede que a lectura lle deixou un saboriño agredoce. Se así fose significaría que algunha charamela atinou na diana precisa”.

 

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.