“Como galgos incesantes” é un poemario que parte da derrota, das ringleiras do desemprego, da falta de oportunidades, onde a poesía emerxe ansiosa como un axuste de contas contra a inxustiza e a desigualdade. Dende unha perspectiva de clase, dandista, chea de reminiscencias pop e, en ocasións, noctívaga, galopa feroz e directa como a redención dos que non se axeonllan, empuñando a poesía como arma liberadora. E alí, baixo os lastros do aparente pesimismo dos seus versos, atópanse os alicerces da esperanza.