“O diálogo entre o autor e o antólogo e tradutor responsábel da edición de Como néboa que entra é tamén diálogo entre linguas. Luis Suñén, nado en Madrid, cidade onde viviu até o ano 2016, data na que fixou a súa residencia en Galiza, estableceu xa desde a súa mocidade unha moi estreita relación de proximidade coa nosa cultura, especialmente coa literatura de nós, conexión propiciada en grande medida pola orixe coruñesa de Cristina, a súa muller, e a constancia das estadías de ambos na nosa terra, e tamén a través dos fíos de comunicación coa sociedade literaria galega desde o seu traballo como director das máis importantes empresas editoras de España”. X.M.A.C.