Da man do silencio é unha ponte que cruza o poeta dende o silencio do seu interior máis íntimo ao exterior que o rodea. É unha viaxe onde o silencio é o que fala dende tódalas súas manifestacións. Fala o silencio da casa, o do mar, o do bosque, o da soidade e o da escuridade da noite. O silencio é o que fala pola boca do poeta. Cada vez que escoitei o silencio o escribín para este libro.