Esta obra foi merecedora dun certame que se consolida en Galicia no panorama literario: o Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro do Concello de Negreira.
Entre outros valores deste libro, destaca a capacidade do autor para ir máis alá do “eu”, e adoptar unha segunda voz que é a que dicta os poemas. Como nun monólogo interior, o poeta logra trasladar unha historia cun fío argumental perfectamente trazado, o que non lle resta nin un ápice de lirismo ao volume.