“El viatge de la vida-A viaxe da vida, título co que apadriñamos esta antoloxía bilingüe, pretende ser unha porta de entrada ao mundo poético de Joan Margarit. Desde a parcialidade de cincuenta poemas da súa vizosa e ampla obra, aspiramos a que estes textos amosen a fertilidade da produción deste arquitecto que soubo fundir ciencia e poesía, memoria e vida, gozo e dor, ambición e realidade, converténdose nun dos grandes construtores da poesía.”