Emilio e Carmen son dous vellos amigos que se reencontraron despois de anos vagando por vieiros moi distintos. Emilio regaloulle a Carmen o seu primeiro libro “O campón de Rodela. Moradía de voces familiares” , e Carmen, pola súa banda, regaloulle “Cosas del Karma” un libro de relatos breves inspirados en haikus. Ante esa simpática coincidencia, acendéndeuselles unha luz: escribir algo xuntos. Carmen tiña pendente 12 haikus en galego dos que recibira como agasallo de aniversario e explicoulle a Emilio que lle faría moitísima ilusión compartilos con el para escribir un relato cada un, a partires deses 12 poemiñas breves. Así foi como estas dúas ducias de contos xurdiron de forma natural e espontánea, como dúas miradas distintas ás veces, con diferenzas outras pero sempre con emocións compartidas dun paraíso que se foi perdendo e que agora case temos que ficcionar. Unha manchea de historias que viaxan por dúas vías dun tren de lembranzas que, en parte, nos resultarán familiares. Para redondear o seu traballo, enfeitaron os seus relatos con doce orixinais ilustracións realizadas pola man dun mozo que se emocionou cos nosos contos de outrora.