FISTERRAS ATLÁNTICAS / FINISTERRES ATLÁNTICOS / ATLANTIC FINISTERRES

18,90  IVE Incluído

Ficha

ISBN978-84-122253-5-8
Medidas23 x 15 x 10 cm
Peso0.1 Kg
FormatoTapa branda ou bolsillo
Detalle FormatoCosido
Nº Páxinas252
ColecciónEnsaio
Número4
IdiomaGalego
Data Edición24/08/2020

Extracto

Esta antoloxía naceu, nomeadamente, dalgunhas viaxes que realizamos ao sur e ao oeste de Irlanda, sobre todo na última década. O interese pola poesía irlandesa, sen dúbida unha das mellores do mundo, permitiunos atopar puntos de contacto coa poesía galega contemporánea, que tamén vive un momento álxido […]

A relación entre Irlanda e Galicia vén de lonxe, como é ben coñecido. Tan lonxe, polo menos, como o demostra a Canción de Amergin, e a Invocación a Irlanda, poemas fundacionais da cultura irlandesa, que explican dalgunha maneira a importancia das expedicións marítimas e dos primitivos contactos entre os pobos costeiros, a verdadeira orixe da civilización. Hai algo poderosamente emotivo no feito de que o primeiro contacto ente Galicia e Irlanda se base na lenda de Amergin, na viaxe do druída, guerreiro e poeta dos milesios, partindo desde o que hoxe son as costas da Coruña, até a baía de Waterville, en Kerry, onde se presume que chegou Amergin para iniciar a invasión de Irlanda.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.