Gaza, un xenocidio televisado

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Traducido por:
Xulio López Valcárcel
Colección
Category

Ficha

FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas158
ColecciónEnsaio
Número34
IdiomaGalego
OrixinalCastelán
Data Edición17/09/2025

Extracto

A barbarie xa non se oculta: emítese en directo.

Desde o inicio do conflito, sentín a tentación de escribir, pero decateime axiña que certos acontecementos esixen distancia para ser comprendidos. Hegel falaba da curuxa de Minerva, que só alza o voo á noitiña: quere dicirse, que os acontecementos históricos só poden entenderse cando rematan.

Pero Gaza non permite ese luxo. O que ocorre alí non é só un conflito; é unha traxedia en curso, un proceso sistemático de destrución, desprazamento e aniquilación. Chamalo polo seu nome –xenocidio–: é unha esixencia ética.

Este libro nace da negativa a permanecer en silencio. Inspirado na advertencia de Mary Fulbrook sobre as “sociedades de espectadores”, esa masa pasiva que presencia o horror sen actuar. A política do goberno israelí apunta con claridade á expulsión sistemática do pobo palestino de Gaza. E ante iso, escribir non é un xesto intelectual: é un acto de conciencia.

Este libro, modesto no seu alcance, quere ser un testemuño, unha denuncia, unha toma de posición. Porque fronte ao sufrimento dun pobo, a palabra tamén pode ser resistencia.

 

 

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.