A auga en todas as súas dimensións, sexa en forma de bágoa, de mar ou de choiva, é o eixo condutor desde libro de poemas. Auga canalizada por un sentido musical e rítmico dos textos, que fai destas páxinas unha sorte de caderno de bitácora doído polo desamor. As ilustracións de Laíño non só acompañan, senón que complementan o volume redondeándoo e dándolle o seu propio sentido desde un punto de vista artístico.