Tal e como o autor subtitula o libro, atopámonos ante unha “antoloxía xornalística” desde o ano 2016 ata o 2020, onde se tratan temas de total actualidade desde unha perspectiva filosófica. Con total lucidez, o escritor anticipouse á pandemia que asolou o mundo en poucos meses, un tema que se aborda especialmente nestas páxinas.