Como adianta Marité Prieto no prólogo: “María, neste primeiro poemario amósanos todo aquelo que vive, sen distinguirse do ollo da garza, nin do pé da garduña. Fronte a un mundo, que se funde en formigón con caixas de cores plásticas, ela deténse na codia do tilo, e respira acompasada coas follas que a acubillan, pode ser unha cerdeira, un prunus, ou calquera outro gardado na memoria, é que vive o presente.”