Con fermosas ilustracións interiores de Valentina Todanes e imaxe de portada de Vili Mosquera, estamos diante dun libro que rescata aquelo que habita no fondo da memoria para trasladalo ós poemas. Na morte do pai, Memoria dun intre ou Casa en ruínas, son algúns dos títulos dos textos que nos adiantan o sentido desta obra chea de nostalxia, pero tamén de esperanza e de beleza.